You are currently browsing the monthly archive for Xullo 2007.

Amplío con algúns links de arte+ciencia a entrada “A bacteria dixo oh” de hai algúns días:
Cybernetics Serendipity, a primeira exposición que, a fins dos 60, afonda no magnetismo entre a tecnoloxía, as máquinas e o eido artístico. Adiviñen de onde tiraron o título de cybernetics.

Exposición Bios 4 na Cartuja de Sevilla, ata o 2 de setembro de 2007. Orquídeas que emiten sons ou fotografías positivadas na herba. Positivadas na herba, dixeches? Tal dixen. Lean, lean, lean.

Os maniáticos mecanismos de Rebecca Horn. Unha vez entrei no CGAC e un brazo mecánico estaba arañando, taladrando e acabando coa parede. Idea de? Rebecca Horn. Tamén había algo que vertía un líquido azul. Supoño que o sangue do edificio. Algúns edificios teñen sangue azul. Algúns edificios sangran

Galería de autómatas dos séculos XVII e XVIII. Cunhas culleradas kitsch, pero que me din dese organilleiro andróxino que semella a boneca Nancy disfrazada con bigote e librea; ou a encantadora de serpes; ou o pallaso; ou o ilusionista, exhibidor, marchante… como chamalo? que nos amosa a lámpada Z.

O reiseñor mecánico do emperador. Nesta versión de títeres están lonxe do automatismo, pero co encanto humilde dos monicreques…

Certame Arte y Vida Artificial de Telefónica. Se se lles ocorre algo, está aberta a inscrición para a décima edición.

Marta de Menezes. Obra desta muller que, entre outras cousas, pinta con ADN e fai esculturas con proteínas. Ou Mateusz Herczka, que investiga na intelixencia artificial.

Son só algunhas propostas. Como todo na rede, haberá quen atope máis peixe noutros mares. A rede é, verdadeiramente, o conto de nunca acabar.

1.- Confeccionar unha lista de cousas ridículas. E lela

2.- Alguén moi corpulento paseando un chihuahua

3.- O arroz para microondas. As tortillas envasadas ao baleiro

4.- Todo o que leva escrito VIP

5.- A modalidade de marcha deportiva

6.- Bush falando con xornalistas. Bush falando co seu urólogo. Bush falando

7.- As maquinillas barbeadoras de naris

8.- Un pavo asado. Un pavo correndo sen cabeza. Chopped de pavo

9.- Os tipos da ORA

10.- Ese aceno, de repente universal, para dicir “entre aspas

11.- Os alieníxenas das películas -salvo Alien, abofé-

12.- Alguén situado ante unha suposta obra de arte intenta expresar qué remota cousa lle suxire

13.- Esforzarse por non ser ridículo. Isto último entra, ademais, no reino do patético

14.- Os autocompracentes. Parécense enormemente a pavos asados. Ver ítem número 8 desta mesma lista

15.- Argumentos para xustificar autocompracencia

16.- Os que non saben que facer cos cartos

17.- Os que non saben ridiculizarse dignamente

18.- O prezo na sola dun zapato. Canto máis caro é o zapato, máis ridícula é a pisada

19.- Interpretacións estándar de Hollywood, por exemplo: o soldado que berra disparando raxadas de metralleta; o tipo que berra onda a amada morta, levantando peludas axilas ao estilo Brando [sen o appeal de Brando]; poñer morros [mulleres que non levan dose suficiente de silicona nin de seguridade]; que leamos nos beizos que din “guau”, “wow”, etc…

20.- Bailar sen ganas

21.- Os diálogos dunha peli porno

[...]

Como todas, esta é unha lista aberta.

Memoria para enxertos futuros: cómo elaborar licor de guindas salvaxes galego-portuguesas caseiro: guindas, salvaxismo, conxuro da queimada, augardente, zucre, canela, botella de cristal, paciencia.

Obxecto fetiche de hoxe: os debuxos de María Pascual. Gardo mesmo unha Biblia ilustrada por ela. Difícil atopar debuxos seus na rede.

Esta baixou da árbore

Este camiñou ergueito

Esta outra roubou o lume mentres non mirabamos

Este cazou un cervo

I este pícaro gordo comeuno, opoñéndose a todo

texto atopado nunha libreta vella facendo limpeza na casa da adolescencia

calada, calada
a chimpancé Washoe, xogando ás escondedelas

Parecera coma se uns e outros tiveran evoluído, a este respecto, de forma notablemente paralela ou ben que nós e mailos chimpancés tivemos un mesmo antecesor, aló na noite dos tempos.Un antecesor que, ademais, comunicábase cos seus semellantes con bicos e abrazos,tocándose, palmeándose e colléndose das mans.

Jane Goodall

Preséntome. Eu son a chimpancé que deixaron soa durante varios anos cunha máquina de escribir e que terminou por escribir a Ilíada.

Chámanme Helena, en homenaxe a ese personaxe que creei e que é o meu predilecto. Ao principio de todo este escándalo científico e literario algún gracioso da equipa de investigación quíxome alcumar Romero, por un nonseiqué dun tal Suso de Toro e encantado de que eu fose do outro sexo, non sei con que escuras intencións mercantilistas. Pero ao final gañei eu, coa vella estrataxema de negarme a lles entregar unha segunda parte se non concedían en chamarme Helena, con hache. Helena é a miña predilecta porque é unha salvaxe, coma din que eu son. E unha caprichuda.

Agora non lles sigo contando nada se non me dan un cacahuete.

[lanzo un cacahuete desde o patio de butacas. Con desgana]

Nada máis un? Abofé que son ruís, co que rin comigo!

Eu nacín de pai descoñecido nas selvas do que chaman Guinea. Cando tiña catro anos fun capturada e metida nun caixón a bordo dun barco, onde coñecín ben de cerca a necidade humana e a súa necia lucidez.

Dálle un pouco de ron a esta, que ten cara de lista

Se tivese sido lista seica non estaría aquí. Coma nós

Daquela, que baile

Read the rest of this entry »

ikealamp.jpg

Tiña unha historia marabillosa que lles contar.

Pero esquecina.

Así falou Sherezade

foto: bacterias fosforescentes da exposición do Symbiotic Bacterial Light Project

…e así naceu a Bioarte.

Vostedes, sagaces homo sapiens, xa se terán decatado de que a Vida -así, con maiúscula, como tomada directamente dun poema alemán- hai tempo que está de moda. Todo canto indague nos mecanismos vitais, dende a proxección ampliada dunha bacteria ou unha secuencia xenómica, ata os iogures que transforman o ritmo intestinal dun ser vivo -ratas incluídas-, todo é obxecto da nosa curiosidade.

Cando os algúns humanos ponse curiosos, fanno ata o final.

Así que, onda o prefixo bio, que garante que a secuencia fonética que lle segue é de confianza, veuse exhibir a tan levada e traída palabra arte.

A bioarte explora ese dominio cercenado: a ciencia. Se para os antigos Arte, Ciencia e Relixión eran versións diferentes do mesmo tipo de pruído, os modernos estipularon que artes e ciencias eran xéneros tan dispares que merecían clases separadas en bacharelato e frases do tipo: é que son de letras para os que non atinaban co 10% do prezo da chaqueta ou ben é que son de ciencias para os que non se conmovían co canto do reiseñor canda o manancial no que a doncela lavaba os seus loiros cabelos, núa e sen compromiso.

A bioarte seica pasa por riba de vellos planes de estudo e vellos traumas de científicos que querían ser violinistas e pintores que suspiraban por una camilla de quirófano. Unha das súas variantes, a arte transxénica, deléitanos con Alba, a coelliña fluorescente, baseada en estudos sobre bioluminiscencia das medusas. A creación obtivo críticas como É que a coelliña non podía escoller -ser ou non fluorescente; cualidade que, que se saiba, non afecta en absoluto á súa vida diaria de festíns de cenouras e procreacións infindas demostrando series de Fibonacci-. En efecto, a coelliña non podía escoller e foi vilmente manipulada para deleite de malvados bioartistas. E un chihuahua? E un pittbull? E un peladillo? E un bonsai? E unhas mechas azul galáctico? Todas esas cousas non estaban no guión da natureza e moitos son quen, vilmente, deleitan con elas. Seica o pelo puido elixir non ser humildemente castaño? E o peladillo que quería ser pera conferencia?Ou que me din do pittbull soñador, preparado psicoloxicamente para ser carracha e non a súa víctima?

Son naturezas manipuladas, se é que natureza e manipulación non teñen -como home e humus- unha pisca de sinonimia. A natureza é manipuladora. Tampouco sabemos ata onde é quen de chegar – se chegou ata ti…- . A bioarte ponlle a etiqueta de artificial a todas as procuras humanas en materia científica. Arte e artificial son verbas mellizas. Unha bacteria é un lenzo redondo, máis antigo có espello de O matrimonio Arnolfini. O universo crea capelas sixtinas cada nanosegundo. Cada nanosegundo destrúe capelas sixtinas.

Kac, un dos pioneiros da arte transxénica, asegura que o dixital xa concluíu. Entre outras cousas, emprega o seu fabuloso tempo sobre esta Terra en fabricar biobots, unha especie de anticyborgs: robots aos que incorpora organismos. Amebas, por exemplo.

Non sei se o dixital concluíu- pensou ela mentres tecoleaba esta frase no seu ordenador á 1 da madrugada, e ti líala nonseionde nonseicando a través dun código binario desencriptado-, porque todas as mortes anunciadas terminan por retrasárense, talvez debido ao forte influxo dunha morte anunciada sobre as súas hipotéticas testemuñas -ou axentes-. A bioarte explora, como supostamente debe facer iso que se chama arte e que tan manoseado, transgredido e orixinalizado está. Resulta complicado ser significativo nun mundo de contidos mascados. Unir arte e ciencia nun mesmo leito nupcial non resulta novo senón, en certo modo, pitagórico.

Para os seus detractores, os experimentos bioartísticos entrañarían o perigo de responder a unha tentación tecnolóxica pero non a un verdadeiro pulo artístico. Os seus detractores so persoas que saben perfilar con toda exactitude a arte neste planeta. Os seus detractores son afortunados e comen ben.

Esperen un intre. Verdadeiro pulo artístico? É posíbel distinguilo na invención da fotografía? Na invención da harpa, da pintura ao óleo ou do acabado satinado de mármore de Miguel Ánxo? Por poñer exemplos da chamada arte con maiúsculas, da que ninguén ousa discrepar, posto que semella incrustada no noso código xenético.

No noso cerebro de circuítos químicos o verdadeiro pulo artístico, non podería disfrazarse de pulo tecnolóxico para estimular unha nova conexión? Non acontecen esas cousas raras na caixa escura do cranio?

Ollen, eu non posúo as respostas que precisan. Non sei que fan aquí, poidendo estar ao sol cun xelado nunha man e un cubata noutra. Non pretendo poñerlles ao día da arte máis actual, lonxe de min quitarlles o pan aos numerosos blogs deste mundo. Non me interesa ser moderna porque supoño que, cada un ao seu tempo, todos o somos.

Engaiólame a capacidade humana para autoinventarse. Imaxino que a mesma cá da bacteria cando desdobra cun oh imperceptíbel aos nosos oídos e infinitesimalmente artístico no micromundo de cristal sobre o que vive, baixo a atenta ollada dun estudante que chegou tarde onte á noite.

Temos bio e temos arte. Collamos unha cadeira -non nas primeiras ringleiras, vese pior- e agardemos e metabolicemos.

Banda sonora: o son das súas propias bacterias dentro da súa dixestión

Memoria para enxertos futuros: dende hai uns días Y di mamá

Obxecto fetiche de hoxe: zapatos vermellos agasallo da miña nai que me fixeron sangue

Exercerei, pois, de anfitriona de links e páxinas que vou atopando. Internet fala tanto de si mesma como a televisión. Así vaise ganchillando unha rede enorme contra a que botamos e rebotamos coma un pale blue dot.com

E, tras esta sana ocorrencia, vexamos que raios atopou a criatura mecánica.

Nesta cidade viven estas dúas mulleres e a terceira, que as fotografou. Non as coñezo personalmente. Somentes dei con elas e co seu traballo. Noivas góticas. Consortes transilvanas. Elisabetas. Erzsébets Bathorys. E todo na Praia das Lapas, semella, xunto á Torre de Hércules. As damas de Xerión? As de Breogán?

As de Hércules?

Alégrame telas atopado a tan poucas iardas de min.

Vivifican esta ciudade.

Obxecto fetiche de hoxe: unha foto de meu irmán aos 12 con luvas de boxeador

Banda sonora : Schism. Tool

Memoria para enxertos futuros: é difícil que sobreviva un xirasol nunha maceta

Cousas que vostede non sabía e tampouco cómpre que saiba:

Está vostede no blog duns puntos suspensivos

Cópieme. E logo pégueme. Pero con tacto

Non siga lendo. Isto é unha montaxe

Hai unha homo sapiens detrás de todo isto

Hai unha criatura mecánica detrás de todo isto

Odit et amat

Gústanlle os gatos

A ciencia ficción

PJ Harvey, Debussy, a Callas

Gustaríalle ter coñecido a Sei Shonagon

Devece polo polbo. Á feira

Polo de agora non matou a ninguén

Extasíalle o baleiro do cosmos...

...e a suspensión da neve

Non lle satisfai cumprir normas idiotas...

...como durmir só 8 horas e traballar máis de 6

Lembra un soño que unha vez soñou vostede

Watch videos at Vodpod.

flickerismo

Sil

Túnel bolivariano

Serie intrusos: inside Lotte

More Photos

criaturas da criatura mecánica

Zoommm. Textos biónicos, Xerais, 2009

Non esqueza que:

Odio que me pregunten a qué me dedico

O universo ten máis problemas de contido que internet

Amo a 5 persoas

Odio a 3 a 8

Foron atopadas bacterias vivas de 250 millóns de anos en cristais de sal

Odio os que nunca esquecen conceptos aprendidos

Odio as présas

Amo a miña a nosa cama

A amnesia é unha parte fundamental da memoria

ad kalendas graecas

Xullo 2007
Lu M M X Ve Sa Do
« Xu   Ago »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

criatura mecánica, eis