behin ere ez dena, izaten al da
O que nunca é, pode ser
Había unha vez no mundo un ser que lía as páxinas dun libro que outro ser escribía.
A medida que o segundo ser escribía
o primeiro, lía.
E tal era a súa fala.
Non había neles reproducción. Nin tacto. As palabras que saían da cabeza do segundo chegaban ás do primeiro, pero o primeiro non as repetiría máis nunca. Nunca na súa vida. Nunca no mundo.
Quizais fose do revés: e as palabras que o segundo escribía fosen creadas primeiro polo ser que lía.
A verdade, é algo que queda tan lonxe que ninguén pode xa imaxinar como argallarían. Cando pregunto aos máis vellos, sempre me saen cantaruxando algunha cancionciña absurda.
O primeiro escribía; o segundo, lía.
O primeiro lía; o segundo, escribía.
Ta ta tara tara taralalai
Temos tantas cousas na cabeza que non se poden dicir. Nin saber debaixo de que pedra foron conqueridas. Eu mesma ignoro ónde atopei esta frase: outro ser abriu os ollos nos meus ollos, pero lembro vagamente estreitala contra min para desbotar un ardor que en min comía. Tal vez minto.
Todo o que damos por suposto é, no fondo, impredicíbel.
Aquí pensas que está escribindo alguén. Pensas que es ti quen le. Pero agora deixo un espazo en branco e durante un tempo –que pode ser moito, que pode ser pouco- serei eu quen lea o que ti aínda non escribiches.
Xa está.
Acabo de ler o que aínda non escribiches e
debo dicirche que o teu texto é precioso anque me ruborizara un pouco. Cambiamos os papeis. Supoño que é a túa voz a que sinto agora por debaixo das miñas glándulas. Desde dentro dos meus ósos, desde a súa cana ríxida, náceme o fragor que ti inoculas. Ti, a morfina que me alivia. O sangue anovado. Ti, a miña hormona
O que nunca é, pode ser. Así dixen cando vella
O seu papel no mundo era escribir o que o outro fora lendo antes, de vagariño.
E así vivían eses dous seres. Atados como con fíos de tendóns á mesma masa de ceo, ao mesmo abismo, á mesma historia. Así da boca dun, o outro collía as palabras vivas e intentaba alentar con elas un ser novo.
Un ser novo que respirase entre os dous.
Non sei se esta folla valería.
para K
2003





6 comments
Comments feed for this article
Decembro 6, 2007 a 2:15 pm
luna
ai, qué bonito
Decembro 6, 2007 a 10:30 pm
alberto
ay,que precioso…hola estivalez soy el croma…podemos hablar?
Decembro 6, 2007 a 10:42 pm
alberto
hola de nuevo…voy a pasar el puente leyendo Pepita Jimenez y Juana la larga de Juan Varela…posiblemente compoga o simplemente practique escalas con la guitarra…me gustaria irme a vivir contigo…se que no te conozco de nada,pero eres preciosa…y cantar contigo seria un sueño…me gusta cantar…si puedes contestarme a estos mensajes…me siento con fuerzas para ir en bici hasta galicia,pero es una locura…realmente no estoy preparado para tal viaje…cariñosamente croma…god bye
Decembro 6, 2007 a 10:51 pm
alberto
me voy a casa,escribeme o llamame si quieres,tienes mis datos,se me da muy mal esto de internet,sin compromisos,me das tus datos y te envio alguna que otra fotografia,god bye estivaliz,cariñosamente croma
Decembro 6, 2007 a 10:55 pm
alberto
ah gracias muchas gracias que se me olvidaba dartelas que eres un angel querida maga,recibe un beso do mar
Decembro 11, 2007 a 11:24 am
Anónimo
Perdona que no pugui escriure en ‘galego’ tot i que ‘entendo’. He conegut aquest laboratori per un blog de la nostra universitat. M’agrada molt. http://reivindicacioninnecesaria.blogspot.com/