foto: collection privée
-abúrrome
-de que?
-de que que?
- que de que te aburres, irmán
-abúrrome do aburrimento
-demasiado tautolóxico
-abúrrome de ser un de tantos
-demasiado esperábel
-abúrrome de darlle voltas sempre ás mesmas cousas
-demasiado posmodernuki
-abúrrome destas vistas que quitan o alento
-demasiado indolente
-abúrrome de non ser un cabaleiro andante e ti o meu escudeiro
-demasiado intertextual
-abúrrome dos paxaros
-demasiado cruel
-abúrrome do universo nocturno
-demasiado
-abúrrome de que me tiren fotos como a o home elefante
-demasiado primitivo
-abúrrome do vento
-demasiado freudiano
-abúrrome de ti
-demasiado tarde
Conversa capturada dun aeroxenerador a outro de camiño a Muros. Paxareiras. Un día de tantos, deses que son venres ou domingo





13 comments
Comments feed for this article
Febreiro 26, 2008 a 12:52 am
hormiga
Eu antes (hai uns anos) aburríame moito. Agora xa non me pasa. debe ser o equilibrio cósmico.
Febreiro 26, 2008 a 1:24 pm
Bruno
Vaia, ata os derviches mecánicos teñen ego…
Febreiro 27, 2008 a 11:33 pm
Chousa da Alcandra
Disque agora xa hai ollomoles nos nosos montes…
Había que levar albariño aos cumios.
Febreiro 28, 2008 a 1:11 am
estibaliz
hormiga: si, aburrirse é cada vez máis un luxo só ao alcance dos enxendros mecánicos.
bruno: baixo este sol, todo, ata unha pedrolo do camiño, é susceptíbel de ter ego. Tanto budismo non servíu para nada, raios
chousa: ollomoles? dilo polo diálogo de? eses diálogos son enormemente constructivos, mira calquera debate político e aprende, que así fan país. En canto ao albariño, pode levarse a calquera accidente xeográfico, mesmo a unha fosa oceánica
Febreiro 28, 2008 a 1:39 am
Bruno
Home, claro. O ego é o susceptíbel por antonomasia. E non te metas con Bud Spencer.
Marzo 1, 2008 a 7:49 pm
Raíña Vermella
Que luxo, o de aburrirse. A min non me da tempo!
Marzo 5, 2008 a 6:18 am
Anuskinha
é fantástico !!!!!!!!!
Marzo 6, 2008 a 10:48 pm
torredebabel
tampouco me da tempo de aburrirme pero de cando en vez paréceme que non está mal esa sensación de non saber o qué facer…
Marzo 7, 2008 a 10:17 am
hormiga
E cando digo que non me aburro non se debe a que esté ocupadísima traballando e estresada. Senón que nos moitos momentos do día que estou en babia, pensando en quen sabe que caralladas, non teño a sensación de aburrimento.
Marzo 7, 2008 a 2:11 pm
O´loish
Ola Esti, o blog que che comentei onte dunha profe de infantil é
http://maria-eduinfantil.blogspot.com/
moi chuli
unha aperta
O´loish
Marzo 7, 2008 a 6:04 pm
Colectivo Literario Sacou
hehehehehehe!!!! sabes ben o que estades a dicir?
Marzo 9, 2008 a 1:14 am
roi buligan
Se os aeroxeneradores deixaran de mirarse as palas e contemplaran calados a túa beleza eólica outro …mmmm… pasaría
Marzo 11, 2008 a 2:45 am
opia
grazas a todos polos vosos segundiños deitados aquí… permitídeme vampirizárvolos un pouquichiño, por fa
torredebabel: totalmente de acordo
hormiga: estón ti es da s que ten un aburrimento productivo, dos que non se notan
loish: xa lle botei un ollo ao blog. Teñen un monográfico de nubes
sacou: eim?
roi buligan: moitas grazas, raios. Trastórname vostede