about ming
Escribo e, ás veces, fago música. O segundo para amansar as supostas feras que alimenta o primeiroOuve, por eu ter mergulhado no abismo é que estou começando a amar o abismo de que sou feita
-
reverb
IRS Attorney en os simuladores: de Parrasio a … estíbaliz... en blue paxaro estíbaliz... en blue paxaro Pierre Bourdieu en blue paxaro Jorge Luís Borges en blue paxaro
Arquivos mensuais: Novembro 2010
por fin, mozas de calendario
Un Almanaque -alma na que- chegou procedente de Este Sur. Contén multitudes e textos para cada ciclo lunar, renglóns por se anotares versos roubados a fin de mes -cando os supermercados van baleiros e os días búscanse a fin os … Seguir lendo
Publicado en bazaar, traducións
9 Comentarios
dende G. para o M.
Grazas a que recibimos ao Presidente da Xunta de Accionistas da Multinacional máis arcaica da Terra, o resto do planeta xa saberá situarnos sobre o mapa e cravará unha tacholiña [verdadeira ou virtual] sobre a nosa fronte e as nosas … Seguir lendo
Publicado en bazaar
3 Comentarios
quedar de carne
Non lonxe de ti, quédome de pedra co de Santiago Sierra. Pero logo palpebrexo, clic, e de pedra paso a quedarme de platino, de titanio, de uranio, e logo de diamante, e de aí volta ao carbono e, cómo non, … Seguir lendo
Publicado en bazaar
Deixar un comentario
bilbaos
Que conmovedor é camiñar. Que profundo é cruzarse con descoñecidos. Di Andrés no seu recente blog de entradas breves: Microrréplicas. É certo, Andrés, bárbaro equilibrista, viaxeiro do hipertempo e o hiperespazo. Na Rede acontece a cada segundo: conmovémonos camiñando, alias … Seguir lendo
Publicado en bazaar
2 Comentarios







