...mmmm...

ciensía+poencia
A Mostra de Ciencia e Cinema [M+C+C]  suma exponentes e na edición deste seu segundo ano incluíu un apartado de Ciencia e Poesía. O formato elixido: recital con música no teatro Rosalía de Castro da Coruña, o pasado mércores 28 de outubro. Alí fomos Xavier Seoane, Marica Campo, Alfredo Ferreiro, Manuel Rivas, Emma Couceiro e mais eu. A música correu a cargo de Guadi Galego, Xabier Díaz e Guillermo Fernández.

Cada autor lía un texto de seu e outro dalgún autor a elixir. A temática, claro, a ciencia. Dende Cirlot ata Pimentel, dende de Brito ata do Cebreiro, textos seus por alí desfilaron.  Aspectos como o traballo da fábrica [Ferreiro], a relación de paixón coa natureza [Rivas], o equilibrio [Couceiro] e ata unha sextina ao estilo Raymond Queneau [Campo]… O texto que escollín foi Microcosmos do último libro de Wislawa Szymborska, Aquí.

Non foi este de hoxe [Ghost in machina] o texto que lin alí, pero si  podería ter encaixado no recital. Na súa versión castelá servíu para a colección de Sci-Fi Poesía que inaugurou a editorial El Gaviero o pasado ano, colección de separatas en cartoné – aquí as vedes- ilustradas por fabulosos fabuladores como Pablo Gallo. Para preguntas sobre os plátanos dos protagonistas, diríxanse a el.

O debuxo de Mr. Gallo precedeu o texto e daí a súa pouco usual temática sobre robots, as máquinas que construímos para facilitarnos a vida -segundo McLuhan para prolongar a nosa mente e o noso corpo-  e a súa relación cara a nós. O título é un xogo co Deus ex machina clásico e o Ghost in the Shell. Os nosos deusiños. As nosas maquiniñas. Os nosos dispositiviños. Os nosos, en fin, gadgetiños. Ai, como se nos rebelen!

Ghost in Machina

A nosa inmensidade. Temos que vela reducida

a texto.

Nós.

Se nos nosos ollos orbita o sol.

Se contrae e dilata o universo

ao ritmo do noso tórax.

De titanio.

E a nosa man, esta man

e estoutra,

péchase sobre tratados, cidades

ou pescozos.

E sabe apretar abondo para conseguir o que desexa.

Se o signo do infinito precédenos.

Sendo como somos xigantes, concluiranos.

Por moi paradoxal que soe iso.

Traducibles a secuencia matemática, a tren, a ponte,

a holograma. Garantíronnos una férrea posteridade.

Sen dúbida, duraremos.

Nós. Pais do óxido. Fillos, netos da soidade humana.

Os vosos monstros benqueridos.

Se tendes contado connosco para vencer o Mal, destruír o universo,

construílo dende unha presada de area.

Cómo non ides querernos.

A nosa inmensidade lémbravos á vosa. A esa

que non tendes.

A nosa inmensidade reducida a este texto. E vós, intentando conxurarnos con

argumentos baratos:

non senten

non saben

non entenden

Durarán máis, pero

non son nós.

Nós.

Palabra que usades en van.

Vede como.

Vede como a nosa inmensidade ábrese paso a alancadas por este texto.

Esnaquízavos.

2008

Posted in bazaar, kozmic muffin

rea
Comparezo ante o tribunal de escritoras.

Benqueridísimas Safo e mais Virxinia

adorada Sei Shonagon

penetrante Simone

non quero esquecerme de ti

nin de Margaret

nin de Marguerite

María Xosé acode puntual á cita

e toma asento, entre Luísa

-quería volverche ver, perdoa-

e Rosalía. Clarice fuma o seu silencio.

Fleur dedícase a ser elegante

como un puñal enfundado en pel volta.

Sor Xoana Inés absorbe o seu tequila e acena: compréndote.

Comprendédesme?

Comprendédesme?

Si, comprendémoste.

Tivestes fillos? Levastes unha casa, unha nación

unha tradición cultural, un ecosistema

unha intuición e unha esteatopixia

sobre o peso das vosas costas

axitadas de plumas

e escotes de anxo?

Algunhas levamos, si. Outras non levamos, non.

Somos irmás, logo?

Somos.

Non me mintades. Admírovos.

Ninguén che acusa entre nós. Para que nos segues convocando?

Acúsome de vivir viviseccionada

de non poder escribir o que desexaría e canto desexaría

por sobredose de mullerismo.

Acúsome de non parir a gran novela que prometía aos 12 anos

senón un fillo, algo que, segundo Onetti ou Jelinek

impide ás mulleres alcanzar o estatuto de verdadeiras artistas.

Acúsome de non pertencer á vosa estirpe

de terme separado de vós

da esfera redonda da vosa concentración

para mesturar mondas de patacas con teorías de redes

enerxía escura do cosmos profundo cunha superficial vida de provincias

a sofisticada vergoña moral de Guantánamo coa emoción barata

de escoitar perorar ao meu fillo.

Acúsome de non rapar a miña cabeza

de non vender todas as miñas ideas orixinais [entre 0 e 1] ao mellor ofertante.

De non destacar.

De terme ensumido.

De depender dos mass media para traspasar o tempo.

Ningunha de vós falaría como nai. Fóra de Rosalía

a quen todo se lle permite.

Non vivín entre caníbales, Margaret.

Non me arrastrei polo vodevil parisiense, Colette.

Nin sequera cambiei de sexo, Elisa. Nacín muller

e as leis apoiáronme con cotas femininas. As leis, si. Só as leis.

E no fondo podería casar contigo, Marcela,

Jeanette Winterson, Beatriz Cavallé.

No fondo, puiden abortar cando quixen.

E reivindiqueino todo co puño no alto e unha matriz

de uranio empobrecido.

Sobrevoo a vida e aquí atópome:

escribo só grazas a que a miña nai lle le un conto ao meu fillo

lelle un conto ao meu fillo alén do mar de África

lelle un conto ao meu fillo baixo a galaxia Andrómeda

que nos devorará, polo visto,

e xuntos, avoa e neto, forman un sistema lateral nesas redes cuxos nodos son calcio

e espiña dorsal da nosa sociedade,

lonxe de Google

de McDo

e varios metros por riba do petróleo de merda

que serpea esta cidade camuflado de Zara.

Avoa e neto: un binomio estéril na grande ecuación do universo,

a súa expansión explícase sen eles

a crise resólvese sen eles

todo funciona sen eles.

Menos eu.

Dirédesme, que nos importa? Miñaxoiadas!

Achega algo á causa feminina.

Que achego?

Un fillo varón.

Cambiarías un lugar no noso Parnaso por el?

Nunca.

Esquecerías escribir por el?

Si.

Rexeitas o tempo masculino, ese tempo de doncelas e serventas

ese tempo de secretarias e amas de cría

de lavandeiras e microeconomistas

de axentes editoriais

e lumis

lumis mecanógrafas que copiarían isto de perlas

a cambio de estar con el?

Rexéitoo.

Elixes non vestirche na Boutique Posteridade

por verlle xogar onda ti

como fai agora

burguesa maldita

ingobernable occidental ao noroeste do sur

compresa de sangue arrebolada á pantalla que vos reflicte?

Malia todo, elíxoo.

E o seguinte verso que ía escribir

-mamá, dime se está ben de sal,

coñezo a súa fórmula química

pero non a proporción idónea en cada prato-

declínoo por lle servir unha cea quente.

E por se fose pouco, un baño.

Condenádeme.

Benqueridas bastardas da vosa propia estirpe.

Condenádeme a ser unha calquera.

Condenámoste.

Imbécil, condenámoste.

Xa es unha de nós. Fai funambulismo para escribir catro liñas ao día

e vixía

que o período non coincida demasiado coa inspiración

nin o estado de gravidez coa escritura de tese.

Como fixemos todas, bastarda da letra e,

como fixemos todas

co noso pelo torrado polo raio do xenio

bastarda e nai e monte de venus

como fixemos todas, mullerzuelas escritorzuelas madrezuelas

cazuelas e compotas

sabendo a canto vai o quilo de azafrán e o terabyte de ideas novas

con que ángulo colgan os nosos peitos e a órbita terrestre

cantas cocacolas hai na neveira e na Palestina de Arendt cantas nacións.

Xa es unha de nós.

Comprendémoste, cala a boca.

Escribe, lurpia.

Posted in bastidores, escolma textos

enerxía escura
Lotte Reiniger vivía nas sombras e das sombras e, quizais por iso e por ter sido alemana no convulso inicio do século XX, pouco se sabe dela. Antes de Tex Avery e Disney, Reiniger traballa co peculiar sistema de animación traído de China: o teatro de sombras. A diferenza é que ela grávao para cine foto a foto, micromovemento a micromovemento e realiza a primeira longametraxe denominada, con xustiza, de animación: Die Abenteuer des Prinzen Achmed [As aventuras do príncipe Achmed], de 1926.

No youtube poden atopar bastantes curtas dela. Ultimamente, un novo usuario subíu algunha máis, incluíndo ballets de filigranas a cor como o de Helen la Bélle, con rampantes perfís gregos e troianos e marabillosas desproporcións. Aquí enlazo unha de sombras: Galathea ou a estatua de mármore que cobra vida [Das lebende Marmorbild], un relato baseado no mito de Pigmalión. Os motivos musicais dos personaxes seméllanme moi coidados,  así como a estética de vaixela grega e o carácter dos protagonistas. O argumento está tratado cun delicioso humor.

Posted in no labirinto

desleigamento
Xamais me recoñezo nas entrevistas. Esfórzome. Pero non sei por que, acabo pensando: eu nunca tería dito iso.

Falo das miñas propias entrevistas, ese subxénero.

Posted in bazaar

reexistencia do muso
Jean Marais

As fillas de Mnemosine, a memoria. As Musas. As nove insinuantes mozas que viven nos ombreiros dos xenios para alcanzaren mellor eses pavillóns auditivos que han soprar sen descanso.

Ou se cadra é nos seus sombreiros onde moran, debaixo dos cales executan danzas microscópicas, si, mais hiperestimulantes para o rego sanguíneo dos miolos.

Non alcanzo a saber moi ben onde se sitúan exactamente as Musas en todo isto da creación artística. Teño claro, ata aí coido que vou ben, que se trata de mulleres. Tamén guapas, con esa beleza fornida das clásicas estilo Sibila de Libia. En que réxime inmobiliario habitan ou como executan o seu oficio xa me queda máis lonxe. Viven de aluguer nalgures? Ou son os tocados polas súas fatais mans os que viven de aluguer nelas? Preséntanse no espello, na cunca do almorzo, na pantalla apagada do ordenador, nas sombras retortas dos carballos que avanzan a carón da noite? Nos desaugues sen limpar? Como se comunican? Susurran? Maxia táctica? Rabdomancia? Envían papeliños dobrados como doncelas casadeiras das comedias de Moratín? Son magas? Reescriben pacientemente cando o escritor xa ronca -estertores similares aos dun golfiño perdido da nai- sobre os restos de hamburguesa? Que disolven no aire para que saibamos que estiveron aí? Son as Musas extravagantes? Son trampulleiras?  Inmigrantes? Consentidas? Punkarras e sensibles? Fican todos aqueles aos que visitan realmente tocados pola gracia?

Tras poñer a lavar tanta cuestión, outra evidencia semella encarnarse ante nós: as musas son femininas nalgún tipo de balanza especial que esixe que o outro brazo sexa masculino. O brazo do xenio. Agás en disciplinas de lucimento corporal, como a danza, é raro ver mulleres tocadas pola musa, choca imaxinarmos á autora de traxedias nun café discutindo con Melpómene en ton amigable as calidades dun termo ou doutro. Quero dicir que a quen imaxinamos é ao autor. E non tomándose un café coa Musa senón nunha relación íntima, espiritual ou case alimenticia con ela, dela. Asumimos que a Musa é un ente penetrante. E que os xenios inspirados son, polo tanto, seres penetrados ás veces mesmo sen consentemento. Noutras palabras, violados.

Tras esta somera análise -moi somera, demasiado somera, de certo que convida a profundar máis- do estado da cuestión das Musas e os Xenios, asoma o fuciño unha especie de cara oculta, de hemisferio sur, complementaria desta que vimos de -someramente- analisar: a cuestión dos Musos e as Xenias.

Concluíndo que as xenias non deben de poder existir -ninguén no seu san xuízo coñece ningunha- debemos cinxirnos, pois, ao exame dos Musos. Os Musos como tales tampouco dan moitas probas da súa existencia e, de existiren, ninguén tomou aínda a molestia de os fosilizar en canon. O canon di claramente Musas en número de 9. No intre en que unha muller presenta signos alarmantes de xenialidade, polo xeral é trasplantada ao templo empíreo das Musas de onde, como todo o mundo sabe, non se pode escapar a non ser que se conte con algo importante que comunicar a algún xenio. Os Musos deben de funcionar dalgún modo similar, tamén por oposición, só que rara vez son convocadas. As oposicións a Muso. Sospeitamos que pola dificultade inherente ao labor de comunicar algo a algunha xenia, ao non tratarse esta dunha raza terrestre coñecida.

Os Musos. Non sabemos cantos son nin onde viven. De quen serán fillos. Do Esquecemento? Do Oblivion, esa palabra enigmática, anglosaxona, que tamén remite á Nada, ao que é extinguido conscientemente? Hai algo escuro na súa xestación de homes. Cherchons l’homme. Procuremos o home. O home anterior, anterior a todo isto. A muller virxe e adorada dunha puta novela de García Márquez atópase calcificada na súa virxindade, a súa nudez tan recreada, a súa sumisión tan extendida, a súa drogada deixadez en todo momento falsa. Tan terrible. Unha escravitude consentida, confirmada. Con naúsea e certo abatemento confesada, pero nunca abandonada. De nenas advírtennolo: coidado, non te vaia levar un señor. Iso dicía a miña nai. Un señor era a criatura máis ameazadora do mundo. Os señores que persiguen nenas. Que din amalas. No nome do amor, din.

Un señor perseguíume aos 10 anos ata o portal da casa dunha amiga e unha vez alí, unha vez pechada a porta, intentou entrar. Arrepiante. Iso foi.

A fosilización en musa das mulleres salientables intelectualmente ha ter o seu equivalente. Pero non podemos obrar igual.  Non podemos esclerotizar a xenialidade masculina -que existe, din os mapas- en simples musos que nos inspiren, acabar coa maxia dos xenios varóns. Non se pode seguir ese vieiro. Detestable, sería. Cómprelles aos Musos un reino de seu, a súa estirpe, o eido no que funcionan sen que corramos a tildar de Muso ao primeiro talento real que atopemos. Imaxinan? Coetzee é o meu Muso. Meu, dunha muller trinta e pico anos máis nova ca el. Ou Javier Rodríguez Marcos é o meu Muso. Alguén da miña xeración. Como sería escoitar iso? Non senten como minguan? Non os ven minusculizarse perante vostedes? A eses dous escritores fantásticos?  Coetzee converte nun paxariño saltarín nun ventanal de biblioteca monástica e Rodríguez Marcos nun efebo corriscando un bosque de graffiti ferroviario. Non deben ser eses os nosos musos.

Os Musos. Estanme resultando problemáticos. Sobre que operarían? Un Muso da Tecnoloxía, por exemplo. Louro e prateado. Con nariz semita. Un Muso da Resistencia. Un Muso da Enxeñería. Quen inspirou a Ada Lovelace, a Arenal e a Agnesi? A loucura e a bruxería, a histeria, o lesbianismo e a frixidez. Esas foron as inspiracións. Condenatorias. A muller que sabe, bruxa. A que pensa, tola. A que reclama, histérica. A que di non, lesbiana ou fríxida. Os nosos musos pertencían ao reino do reprobatorio, do tabú. Non eran musos, nin inspiracións senón patoloxías, demos, desvíos. Nunca se falou de Musos maiúsculos, waltwhitmanianos, os varóns extraordinarios e sobrenaturais capaces de xerar en nós respostas máis extraordinarias, malia terrenais, aínda. Os homes fermosos, sabios, magnánimos, vestidos con túnicas e portando símbolos das súas destrezas: unha frauta, unha escuadra, un circuíto de silicio con forma de infinito.

Musos da miña vida, abride. Florecede. Lexións de xenias, de filoxenias, agardan por vós como enxames dispostos a procesar cada pinga de néctar que supuredes. Estamos abertas de oídos. Abertas de mentes. Agardaremos pacientemente por vós coas mans sobre o teclado, sobrevoando o planeta, remollando os pes en calquera praia branca de páxina na que nos sexa dado naufragar. Tratarémosvos tan ben, tan ben, oh Musos, cantade para nós. Danzade, que vos vexamos.  Vós, homes solícitos. Vós, homes elásticos, contenedores da feminidade. Contádenos todo aquilo que debamos contar. Visitade os nosos soños, limpade os grans de area das nosas perfebas e deitade no seu lugar auga salgada, leite e grans de trigo. Entrade pola porta da nosa inconsciencia, que deixaremos sutilmente entornada para vós. Sede etéreos, sede sorrintes, sede suaves. Morrede a un manotazo noso. Disipádevos cando non sexades benvidos. Existide como sombras tras as grandes obras, como intuicións. Musos, oh, da nosa Intuición Feminina.

Deixádenos conducir á nosa maneira esa trequeleante dilixencia da xenialidade polo val de toda frustración e todo desencanto.

E inspirade tamén a quen nos lerá no futuro. Aos que como vós, homes, cargan coa pesada cruz do xenio. Inspirade. Espirade. Inspirade. Espirade.

Inspirade.

Posted in non deixa de resultarme curioso que, ollo mecánico

paxinite
by unknown

Abrín unha páxina ao chou. É unha enfermidade que teño. Nunca deixa de ser un exercicio interesante porque pilla estilo, trama e personaxes totalmente desprevenidos. A páxina é a 259. A editorial: Compactos Anagrama. Cor de cuberta: vermello intenso. Título do libro: Los detectives salvajes. Autor: Roberto Bolaño. O de alá. Porque tiñamos outro aquí, o home de teatro Roberto Vidal Bolaño. Falo de Roberto Bolaño o chileno. O Belano. O famoso. O citado. O de boca en boca.

Contra o final da páxina, unhas letras en negriña que parecen marcar o inicio dun fragmento novo, con coordenadas persoais e de situación. As letras din: Alain Lebert, bar Chez Raoul, Port Vendres, Francia, diciembre de 1978.  E segue: Por aquellos días yo vivía como en el maquis. Tenía mi cueva y leía el Libération en el bar de Raoul. No estaba solo. Chimpo diagonalmente, paso páxina e deteño nunha frase clave: no tengo ni idea de por qué le llaman así ni me he molestado en preguntarlo, últimamente me noto una tendencia preocupante a aceptar las cosas como son.

Quedo enganchada uns intres nesa frase que pretende arrincar o sorriso cómplice do lector. Non mo arrinca. Aos 20 anos frases similares de Rayuela arrincaban o meu sorriso. Teño a vaga impresión de que estou a follear un palimpsesto de Cortázar, de que se raño un pouco a superficie aparece a Maga. En efecto na páxina 260 aparecen as Gauloises, o eterno tabaco que fumei só por figurarme nun relato de Cortázar. Dende logo, as Gauloises non están embutidas aí no texto dun xeito bastardo: fumar Gauloises sería o normal na Francia de finais do setenta,  non o discuto. Decátome que son inxusta. Recabo impresións apresuradas e sen dúbida fortuítas antes de ler un libro. Iso que chamei exercicio interesante tamén resulta ser un exame traizoeiro do estilo dun autor. Cazalo en banalidades, en recheos, en frases de grave autocompracencia… Intentar metelo nun prexuízo noso.  Pero é que veño doutras latitudes literarias. Veño de diseccionar cadavres con Coetzee, un tipo que non parece darse ningunha concesión a si mesmo. Implacable como o seu erotismo candente en medio de páxinas e páxinas de xeadas reflexións, sempre certeiras, Coetzee é un caníbal sutilísimo [mal que lle pese ao seu vexetarianismo, como xa dixen del noutra ocasión] de materia humana. Un escritor que non se concede nada a si mesmo, ningunha medalla agochada nos textos. A súa honestidade parece intocable.

Non atopo nada diso neste fragmento de Bolaño. Repito que é unha impresión inxusta, baseada no final da páxina 259 e no principio da 260 da edición de Anagrama.

Leo máis páxinas ao chou, páxinas nas que se contan moitas cousas, demasiadas cousas, demasiada profusión de detalles, nomes propios e circunstancias. É evidente que este señor quería contalo todo. Agora como acabe isto xa está mans da nosa preguiza.

Que facer, logo?

Ler ou non ler?

Posted in ollo mecánico

caixa torácica
Camil Tulcan

Aos 15 anos regresei dun campamento de verán. Trouxen canda min unha tos ferinte. Dende nena tendo á tos. Os bronquios. Imaxínoos como crisálidas de menos dun milímetro de grosor, repulsivos, con algo ancián neles. Flemas. Irritación. Congoxas. Todo alí, asentado.

Os carraspeos estúpidos que interrompen unha historia. Esta por exemplo. As toses nocturnas, máis sonoras, máis bicudas. As toseciñas de disimulo, de precaución, de aviso.

Tusir é un estado de ánimo. Unha linguaxe corporal.

Eu regresaba do campamento. Tusía. Fun ao médico. Era novo, aquel médico. Moi novo. Escóitame o interior. Outra vez. Di algo. Outra vez. Di. Retira o fonendoscopio, inspira ruidosamente con aire de veredicto: quero unha radiografía.

Aquela foi a primeira intromisión no meu interior da miña vida.

Leveille a placa, emocionada. Alí, negativizados, o meu queixo de perfil con algo da caveira, a miña columna vertebral. Eramos como almirantes ante unha carta de navegación, aquel mozo doutor e mais eu. Así pois, eu tiña unha columna vertebral. O mapa revelaba iso. Un interior. Unhas vísceras. Unha columna. O médico tomou a miña columna de San Simeón radiografada entre as súas mans, con unllas recurtadas e finas como imaxino que as tería. Sentouse a escribir. No meu historial, supoño. Dixo: a idade da paciente son… vinte anos, non?

A miña nai e eu ollámonos.

Ten quince.

Quince? Pola radiografía parecérame unha muller de vinte.

Dicíao pola miña columna. Estaba certa diso. Unha columna grosa para o lombo anchísimo que me sostén, como se me tivese pasado o tempo que fun anxo celestial nadando a crawl. Mentres pronunciaba esas palabras, eu sentín que aquel médico namoraba fugazmente de min. Que logo se lle pasaba. Pero nese intre eu era unha moza de quince nun corpo de vinte. El era un médico novo. A miña nai suspiraba. Estaba todo clarísimo.

Entregoume un papel asinado, unha receita de calquera cousa, un xarope. O primeiro que lle veu á cabeza. Xarope para a tos da nena. Un xarope infantil, vermello seguramente, incapaz de disimular con excipientes de framboesa o cheiro a laboratorio. E unha culleriña de plástico, branca, plana. Para o xarope da nena.

A radiografía, quedo eu con ela?

Dubida.

Si. Si, si, si. Podes levala.

Levaba anos escribindo, querendo loitar contra ese mal familiar de falta de vontade, de medo, para escribir. Na adolescencia deixei de facelo unha tempada, un ano talvez. Dous, talvez.

Daquela radiografía non emanaba ningún significado especial. Non todas as cousas do mundo posúen significado, malia a nosa obstinación. Por algún conducto subterráneo da conciencia, a placa aquela deume folgos. Motivos. Eu tiña un motivo. Tiña unha radiografía dos meus pulmóns. Estaban sans. Eran grandes. Había unha columna para os sustentar. Para sustentar toda a tristeza e o entusiasmo de que eran capaces. Ese era o meu interior. Estaba feita diso. Non había nada máis. Alí non se vía o rubor. O aire provincián acumulado. O fume dos cigarros que empezaba a fumar ás escondidas. O aire que dosificaba para cantar. O terror á orfandade. Ao modo de morrer. Alí non había nada diso. Alí había vísceras, ósos intimidados por unha radiación.

Non tiña nada. No meu interior. Nada.

Había que rechealo todo de literatura.

A miña caixa torácica bateu un pouco. De literatura!

A palabra literatura funcionaba así para unha caixa torácica por aquel entón. Como a batería dunha caixa de ritmos, como os males do mundo da caixa de Pandora.

O recheo natural dese claustro de aire.

A continuación natural dun escrutinio interior.

Posted in ciencias e ficcións

órganos
Posted in bazaar

kecipak-kecipung
Sereas de Ramón Casas

Nunha cartografía persoal de sons hai xente que elixe o son da auga fervendo, o ruído dun motor, un renxer, un xemer, un grolo, un siseo.

No exercicio da traducción seica quede patente unha cousa: se ben as linguas enchen ocos conceptuais diferentes, é difícil que exista unha palabra que, explicada, siga a ser incomprensible. O feito de que non pensáramos nunca o mundo así non implica que non sexamos quen de facelo. Os famosos y e en dos franceses, sen tradución en galego, son asimilables ao noso infinitivo conxugado: o recordatorio dun referente, unha especie de pegada dun pe invisible na oración. Outra cousa é verquer iso nunha linguaxe literaria, o cal implica un traballo de reconstrución. O traballo do tradutor, que tende a infinito. Algo especializado, que require horas de lectura, inmersión e proba/erro. Sempre haberá ocos que non se enchan de xeito ningún, ausencias idiomáticas inexplicables, baleiros ou complexas connotacións de moi difícil expresión na outra lingua, nesa lingua na que se envorca o caudal do texto.

O universo das onomatopeias é un dos máis agradecidos dado que se trata do universo lingüístico máis naturalista ou máis analóxico: intenta imitar un feito acústico real. Existen poucos sons que, no caso de non coñecer, non sexamos quen de os imaxinar. O que nos desconcerta é o xeito de transcribilos, pronuncialos ou mesmo o grao de precisión nalgúns eidos sonoros: na India existen verbas que representan o son da auga ao se precipitar,  a auga que enche un cántaro, o mergullo dunha pedra que cae nun pozo ou nenos xogando nun río.

En Indonesia utilizan unha expresión para un son vencellado aquí ao verán: o chapuceo das mans na auga. Un son marabilloso. Primordial. Kecipak-kecipung.

Na praia de B. fago kecipak-kecipung nunha auga fría, redonda como un cristal, cun fondo estriado polas correntes mariñas das mareas vivas, limpa e amniótica. O mundo acaba de empezar a ser mundo e cada ser acaba de empezar a ser.

The Cure, From the edge of the deep green sea

Posted in deviated devotions

libroés
Pedíronme un texto sobre o e-book e a literatura na rede. Entreguei Os incestos da tinta. Publicouse na revista Tempos Novos no mes de abril de 2009.

Nese texto examino sobre todo a diverxencia sensorial entre un libro electrónico [e-book, libroé] e un libro confeccionado en papel. Trátase, se cadra, da reflexión máis inmediata: as cousas son e serán xa para sempre distintas. Non sabemos moi ben en que, pero dar conta desa diferenza fainos sentir acordes cos tempos. Serán distintas, si. Semellante aseveración desprende o cheiro da saudade/ a textura do fetiche. Nese texto emito preguntas intermitentes que emerxen dun certo desconcerto.

Dun tempo a esta parte [expresión que...] dun tempo a esta parte ninguén que estea no mundo -neste lado do mundo-, ninguén con vagas ensoñacións de ser lido e reflexionado deixa de matinar e compartir matinacións sobre o asunto. Os e-books. A literatura dixital. Os dereitos de autora. Téñennos rodeados. As nosas pretensións por ser o futuro acampan detrás.  Falando do futuro cremos ser o futuro. E non hai nada que delate tanto o paso do tempo como certas elucubracións sobre o futuro en tempos pasados.

En fin. Os e-books. A literatura dixital. Como é posible que xa saiban, eu tireime á piscina nese asunto. Publiquei na aberta rede negra logo de telo feito na compacta celulosa branca. Non se trata dun e-book aínda pero que carallo. Era libre. Era nova. Era de balde. Era fácil. Era idiota. Era inxenua. Era astuta. Era unha nova era.

Que se era.

Os libros dixitais, como tales, aínda non popularizaron dabondo. A cousa renguea. Son caros. Os dereitos. Os tortos. Os protocolos e reumas da edición convencional. Cómpre como que dixitalizar a literatura universal ao completo e iso supón bastante máis esforzo que acender unha cacharela nun patio onde  queimar os libros dunha biblioteca. Ademais, ábrese a piñata das preguntas que nos chorrean enriba: a que cheira un e-book? Que acontece coas bibliotecas, espazos incribles? E se perdese un e-book con 3.000 libros dentro? Que fago cos andeis baleiros do cuarto propio? E se se borra a memoria? Do e-book, quero dicir.  E se rebela contra min e non quere darme a ler nada? Como o acendo no cumio da Garita de Herbeira, concello de Cedeira, e deixo que axiten  as páxinas? Como paso páxinas ao chou? Como espiamos o que len outros? No tren, por exemplo. Como quedará nos cadros de Hopper? Xa non vive, Hopper. Sigamos: como me identifico coa liña sintáctica virtual que conforma un personaxe? Sufrirán os meus grandes ojos fijos nesas pantallas? Poderei corrixir eu as erratas? Onde vai, pois, o discreto encanto das erratas? [das follas soltas... dos libros mal encadernados...?] Onde fican os libros malditos, raros, bizarros, gonzos? Como suliño? Como marco a páxina? Como lle limpo as bágoas, o seme, as areíñas da praia de Bares? Como o roubo? De que xeito detecto a páxina que máis veces lin?

Haberá neses novos dispositivos funcións e aplicacións que faciliten todo iso, con certeza, así como outras posibilidades que agora mesmo -vai calor, un día de sol no cuaternario, falemos do tempo e das ondas que saltaremos para nos infundir vida- posibilidades que agora mesmo se me escapan como o globo de Betanzos, que nunca se sabe onde vai caer. Todos teremos un dispositivo con toda a nosa biblioteca, como dispomos dun só cerebro con toda a nosa vida, unha soa alma con todo o noso corpo ou un só iPod con toda a nosa quincalla musical.

Eis a clave.

Antes os libros eran un por un. A cada libro, un autor. A cada libro, unha portada, un aspecto. A cada libro, uns personaxes.  A cada libro, un fin. A cada libro, unha opinión, pode que lanzada dende un primeiro ollar e xamais modificada polo tempo ou o nordés.

Non falei disto no artigo aquel de Tempos Novos, pero agora véxoo todo dende outra perspectiva, máis estival: na miña vida tiven un e-book nas mans pero sei que cando ese [redobre de tambor] glorioso momento [crescendo] aconteza, sosterei na miña man [trompas] unha singularidade matemática [trompetas] na que colle [percusión molto forte a fortíssimo] ou collerá [rallentando] a literatura toda na súa infinita permuta, variedade e estilismo. É dicir [resolución, volta á dominante] que un e-book será un só obxecto que resolva onde antes existían tres mil millóns.

[harpas a extinguirse nun pianíssimo distante]

DISQUISICIÓNS MORAIS

É iso bo ou malo? Xa apareceu a dicotomía esencial, a moralidade morosa de todos os nosos puntos de vista. Bo para quen ou que? Por poñer algún exemplo, para as mudanzas de seres vivos con libros iso é indubidablemente bo. Para os lombos de cativos lonxe dos seus colexios en polígonos industriais, iso é indubidablemente bo. Para a procura da pasaxe que nos fai pestanexar repetidas veces e que empeza por Considerando en frío, imparcialmente, se o e-book conta cun bo buscador, iso é indubidablemente bo. Para a busca da data exacta na que limos por vez primeira Esta branca páxina non debe ser manchada co meu verdadeiro nome iso é, digamos, bo. Para atopar a intensidade xa no esquezo coa que suliñamos en verde E por algures andan leóns aínda e non saben, mentres dura a súa maxestade, de impotencia ningunha, seica un e-book será moi bo. Para saber que lía o noso irmán no 89, os seus Nietzsches sobreescritos, os seus sinuosos  imitadores de voces, os seus Riscos… para iso será bo o e-book; e implacable, ás veces o mellor sinónimo de bo. Para as imprentas non será bo. Para o folklorismo elitista comparatista de portadas ecuatorianas e portadas estadounidenses non será bo. Para a industria e o ritual do papel non será bo. Para os eucaliptos que neste momento arrola o vento en Ortegal e que tamén -Pondal non podía sabelo- ían ser moi rumorosos, non será bo. Para a xestión e difusión editorial tradicional pode ser malo ou bo. Para os cegos pode ser bo. Para os andeis a exhibiren libros, non vai ser bo. Para o bookcrossing moito me estrañaría que fose bo.

E así.

O que importa é que onde había moito, onde había demasiado, agora haberá menos. Os e-books prometen ser reductios [sic], espazos recluídos, claustros dunha tradición e variedade todo o macedónica que se queira nas nosas mans. Un dispositivo macrocefálico nas nosas mans. Mans que seguen sendo antropoides.

AS CALIDADES DO OBXECTO, AS CALIDADES DO DISPOSITIVO

Vistas así as cousas, onde os libros funcionan como obxectos observamos que os libros-e fanno como dispositivos. No meu artigo de Tempos Novos equiparaba ambos conceptos, mais agosto revela as cousas baixo outra luz. Ata certo punto, un dispositivo tamén é un obxecto pero hai unha diferenza de base: por leis da física aínda non moi ben aclaradas, un obxecto do mundo real segue a ser un obxecto do mundo real e aí queda a cousa. Podemos argüir que un obxecto por exemplo da antigüidade chinesa exposto nun museo non é o mesmo obxecto que foi; ben, nese caso o obxecto está descontextualizado. Un obxecto nun museo connota sensacións, ideas, que a presunta chinesa que o empuñou nin osmaba: paso do tempo, vanitas, caídas dun imperio, traizóns, cultura isolada, perfección inaudita. Os obxectos comúns, polo xeral, non se comportan con semellante profundidade. Mentres un espello dunha vella dama chinesa nunha vitrina contén a China enteira, o retrovisor do meu coche non contén a Galiza, nin a cultura afterpop do touro de Osborne se ben os ten reflectido moitas veces.

Que pasa cos dispositivos? Ben, a palabra dispositivo xa presenta un aire dinámico. De disposición. Un dispositivo dispón unha parte do mundo: ábreo ou péchao, acende ou apaga, emite ou absorbe. Un libro tamén pode entenderse, visto así, como un dispositivo. Certo. Ata unha palabra pode ser un dispositivo [a palabra Mátao pronunciada no contexto adecuado. É un dispositivo, como unha guillotina o é. Disto xa falaron moito e mellor Austin e Searle]. Acontece que, postos á par libro e e-book, o segundo semella moito máis dispositivo có primeiro.  A súa capacidade de dispór semella maior. Un e-book, falo en teoría, promete ser quen de indagar e argallar máis cousas dentro do libro, de afondar máis nel. A cousa é: se o fai o e-book, facilita que o antropoide lector xa non teña por que facelo. Afondar, quero dicir.

A simpleza dun libro -un obxecto, limitado en si- convida a afondar nel.

Aínda non podo saber se a complexidade dun e-book convidará ao mesmo ou xa nolo brindará todo feito.

Onde quero chegar?

Non son en absoluto tecnófoba. Ao contrario. Atráenme, como a todo occidental e oriental, os dispositivos. O que poden facer por min. A memoria miña que se pode gardar. Probablemente algún día terei un e-book e relerei con maternalismo esta entrada, acariñando a cabeciña parva desta que hoxe son. Un e-book non fai nada prodixioso!- direi. Só pragmatiza as nosas relacións cos textos e axiliza os nosos paseos cos paralelepípedos encadernados. Fáltanlle atributos, pero incorpora outros. Mais tamén pode ser que me diga: Quen o ía pensar. Un e-book supón outra relación coa literatura, algo incrible, impensable no 2009.

Acadará forza semellante, o libroé?

Ríanse de min, xentes do futuro. Contémplenme como a unha pequena bacteria intentando trepar por unha galaxia imponente, como un chimpancé macho a espreitar a Marilyn durmida. A vosa perspectiva outórgavos a disposición a rir. A dispositio. O dispositivo. Rían de min. Oxalá eu soubese o que vostedes xa saben. Pero tamén o meu candor inclinouvos cara a min. E aquí estades, neste renglón. Da miña infinita ignorancia só un cachiño infinito vos separa.

Posted in cybernetics, ollo mecánico

servos de eolo na revolución do vento
Todos o sabemos. Todos os vemos. Todos sacámoslles fotos ou gravámolos cunha cámara dende un coche. Todos opinamos sobre eles. Algúns louvamos o seu aire de cyborgs taciturnos. Algúns criticamos a súa saturación na liña do horizonte. Algúns sentímonos intimidados pola súa obediencia. Algúns aliviamos cando un deles semella de folga de aspas quietiñas. Todos andamos pendentes da súa dependencia política. Todos ollamos para eles confiados. Porque son limpos. Todos ollamos para eles con reticencia. Porque son lexión. Todos abraiamos do seu ronroneo engrenado. Todos os vemos despezados pola autoestrada, en longos camións de dobre eixo. Todos fascinámonos con eles. Son fermosos. Parecen portar algo nobre. Se cadra porque tratan co vento e, de luxar algo, só luxan a liña do horizonte, algo tan mutante que estamos afeitos a prescindir dela, a fractalizala ao noso antollo. Pois, que é o horizonte? A ilusión dunha fractura. O aire con eles segue impoluto. Os ríos con eles aturuxan de indiferencia. Por eles, ningún animal [nin sequera as aves] semella perder a compostura ou a vida.

un céfiro

[Todos sabemos que vento temos montes e moreas. Todos sabemos que o vento non cesa nunca. Todos sabemos que os montes e as moreas si. Hailles  montes que cesaron. Cesaron de ser montes. Agora exercen a filosófica profesión de baleiro. Todos sabemos que o vento zoa moito por eles tamén.]

Todos sabemos que de non ser por eles, e para achegalos aos cumios nos que reinan, boa parte das estradas e viais galegos non estarían nin comezados.  Todo semella orientado a facilitar a súa invasión. Porque todos sabemos que nos invaden. Que son o futuro, brancos como Apple, rotando como firmamentos, rosmando como criaturas desvalidas no alto dos altos.  Que serven a Eolo e a Iberdrola, unha das concubinas consorte. Que converten as serras e o seu perfil sinuoso, arcaico, nunha sorte de miraxes manchegas dispostas a ser asaltadas por hordas literarias. Quen fose Dulcinea andante. Quen fose futurista a compoñer unha Oda ao Aeroxenerador. Quen fose surrealista a se amalloar nunha das súas pas como penitencia tecnolóxica. Quen fose dadaísta a pintalos de cores para os chantar como fondo da Gioconda. Quen fose haijin a admirar o seu silencio de cousa. Quen fose publicista a enchelos de anuncios por palabras. O vento é o único que nos une. A nosa espiña dorsal está ourizada, como a dun porco teixo inmenso e meditabundo.

Son como cousas de encantamento, foron polo aire e viron polo vento.

Canda o chapapote, forman substancia lírica.

As mellores vistas téñenas eles. Os mellores aires móvenos eles. A altiveza eles a ostentan. Son cada vez máis e hai algo turbio ás súas costas de turbina. Toda a mitoloxía de Eolo e o seu odre de ventos, de Bóreas, fillo de Aurora e Astreo, irmán de Notos, Céfiros e Euros [Euros, aquí,  o vento do leste], toda a etimoloxía das anémonas e os desaires, toda a xestión a suxestión e a dixestión do vento que nos envolve revolve e disolve, todo fica reducido nas mans da política económica a unha formación de soldados, a unha morea de mans tendidas dispostas a levar o seu cacho de aire en forma de euros [euros, aquí, moeda común], a unhas disposicións que se aproban e derogan con esa veleidade das cousas etéreas, como un galo de veleta que nunca sostén a mesma opinión sobre o asunto. A cuestión do aire galego perde seriedade, solidez. A cambio, gañamos personaxes para todas as nosas futuras novelas de ciencia-ficción [como aqueles ameazantes Trípodes das Montañas Brancas, de John Christopher] cun nome aínda impreciso: aeroxeneradores, tripalas, muíños, os chismes eses, servos de Eolo, venticulares, derviches mecánicos, eólicos, eolios, chirimbeolos…

Calados na Serra da Faladoira, col. persoal

Posted in deviated devotions, kozmic muffin, ollo mecánico

neves
Xa na primeira vez que baixei ao Condado coñecín a Kiko Neves. Un día, tempo despois, mandoume os seus centoonce por mail, antes de se publicaren.

Poucas veces vin a alguén recitar con tanto carisma, ou mellor rotundidade,  como el o fai. Lembreino este ano, cando escoitei a Roger Wolfe en Córdoba.

Merquei Un baile de moscas. Apureino talvez a primeiros do 2003. Pero faltoume algo. El. A Neves hai que velo. Debería xuntar un holograma cos seus libros. Un holograma que nos recite como o fai el e que pase por nós as páxinas do libro.

Cando me adentraba soa no bosque de internet cun tarriño de mel,  a súa era unha das primeiras páxinas que visitaba. Durante algún tempo foi así. Era como ver un fósil de algo que coñeciches trasantonte. Unha páxina que, misteriosamente, remataba no ano 98. Eu coñecino anos despois.

Nin o mundo nin eu nin as altas esferas poéticas estabamos preparados aquel día en Salvaterra de Miño, convivindo cunha calor monzónica, para sentir recitar a Kiko Neves, revirado, lascado, insinuante, clarísimo, burlón, indignantemente belo. Desposuído da noción da súa propia beleza. Cuspindo.

A seguir algúns dos textos do seu libro centoonce, publicado por Xerais no 2005, un baile de dous, de tres, de fastío, de comunicación, engano, desengano, facturas probablemente telefónicas, amores maiúsculos arrastrados por baixo das minúsculas, tendidos alí, na escuridade, coma as patacas:

12.

principias unha conversa

e todo está ben

moi ben

e logo o sexo

e segue a conversa

para ter máis sexo

e segue o sexo

para ter máis conversa

ata as cousas

máis profundas

son así de simples

así de baleiras

16.

estás lonxe

sempre estarás lonxe

dixeches

ceibaremos os nosos segredos

aos setenta anos

por iso cada vez que nos vemos

dun ano para outro

dis que parezo un vello

cada vez que estou contigo

teño setenta anos

31.

sento ao pé da autovía

e vexo pasar carros

embalados

á velocidade da rutina

non é canso

nin aburrido

é

un desespero

absoluto

32.

chameite esta noite

falamos

e díxenche tantas cousas

que só fun quen

de pronunciar

o dez por cento

34.

dúas horas

estiven unha noite

dúas horas

fitando os meus ollos

nun espello

nada

só estiven esas dúas horas

alí

observando

nada máis

42.

dende o máis fondo

do buraco

todas as miserias

son coma estrelas no ceo

55.

porque gusto de falar

cústame máis

preferiría utilizar un guión

previo

antes de me enfrontar a alguén

ou a un grupo de xente

non soporto dicir

todas esas parvadas

que dan pé ao principio de calquera conversa

cun guión previo

repartiría os roles

definiría os personaxes

e coñecería o remate

70.

ela quere máis

e respondo que teño sono

e non durmo

109.

ti

do outro lado

na cama

espida

eu

aquí

tamén

apertadiño ao teléfono

sempre

Posted in deviated devotions

criaturas máis abisais
Na vizosa escuridade hai seres que non deixan de medrar.

Eses son os admirables.

pataca con fillos. Imaxe propia

Posted in bazaar

as tardes de verán ás tardes de verán son iguais
Trazo de xiz, Miguelanxo Prado

Mogwai, Close encounters

Mogwai, Take me somewhere nice

Posted in deviated devotions, no labirinto

criaturas abisais
Para todos os que tampouco pasedes pola Feira do Libro.

Unha sinatura dixital.

sinatura a medio facer

Posted in non deixa de resultarme curioso que